Segunda-feira, Junho 04, 2007

myspace.com/cantareiro

Pouco a pouco ímonos poñendo ao día...

E no enderezo de máis arriba podedes ver un portal no que están penduradas as catro cantigas que gravei en directo no programa de Xurxo Souto "Aberto por reformas" da Radio Galega.

Son catro temas que para min teñen algo de personal, e que espero que vos gusten. A gravación e a voz non están ao 100%, dado que foi un directo e que se colou un ruidiño na gravación; máis eu quedei bastante satisfeito co resultado.

Agradezco as visitas e os comentarios; e iso, espero que vos gusten. Ademais aproveitei para subir unha galería de fotos e unha pequena hemeroteca.

E dentro de pouco máis e mellor!

www.myspace.com/cantareiro

 

Escrito por Cantareiro3 em 08:31:24 | Link permanente | Comments (1) |

Sábado, Junho 02, 2007

Posta ao día!

Meus e miñas:

Pido mil desculpas polo estado de abandono ao que chegou este blog.

As miñas actividades para o 3º Pé, a Compañía Femme Fatale e o II Festival Galego de Cabaré tivéronme totalmente absorvido.

O compromiso personal de a partir de maio era centrarme nas miñas actividades. E aí vou.

Acabo de empezar a gravar unha maqueta para o meu número como cantareiro que estará lista nunhas semanas, se todo sae ben, e ao que se incorpora o guitarrista José Esteban.

Ademais, con este rapaz vimos de montar unha nova proposta chamada "Les Enfants Terribles", que se basa en outras melodías como a bossa, a samba, o swing, o blues ou música de cinema. Moi pronto comezaremos a rular polos baretos coruñeses. É unha proposta divertida, sensual, e na que queremos verquer gran parte do traballo.

Por outro lado, o repertorio de cantareiro está completo. Ofrece unha escolma de cantigas tradicionais e populares, cunha forte carga sentimental e que imos montar baseándonos en xogos vocais con acompañamento de guitarra. Ademais de traballar o directo, para o que empregamos diferentes pedais e efectos estamos a mesturar cousas no laboratorio sonoro, polo que moitos dos temas, na súa versión gravada ofrecerán novidades.

Sen mais isto é todo... por agora.

Comeza unha nova andaina.

 

Escrito por Cantareiro3 em 18:18:45 | Link permanente | Comments (0) |

Quarta-feira, Abril 18, 2007

Cabaret con grelos?

Mi madriña!

Como que eu teño a culpa de todo?

Pois que saibades que diso nada... a culpa é de Diego...  de Rober... de Iñaki...... de Sila... Laurita, Tenreiro, María Xesús, Anxos, de Chusmi e toda esa chusma de tetudas sen estilo que son a Compañía Femme Fatal... Uxía, Nuria, Mariola, Ana Pi... Ana Ou e outra xente que nos apoia!!!

E de todas as artistas que participarán no II Festival Galego de Cabaré... que de momento... e ata o martes que vén é segredo de sumario... pero xa veredes... que son unha boa tropa! 

Escrito por Cantareiro3 em 15:16:37 | Link permanente | Comments (0) |

Sábado, Março 31, 2007

Menuda semaniña!

Unha noite no muíño... unha noite non é nada... unha semaniña enteira si que é muiñada!

A ver... amig@s... andade espertos... esta semana parezo toda unha estrela mediática!

Comezamos polo Faro de Vigo, que enviou un grande eloxio á obra "Lerchas" no que se resume moi ben o espíritu e intención do espectáculo. Podedes ver o recorte en www.terceirope.blog.com

Se pasades por www.culturagalega.org podedes ver unha entrevista que me fixeron, e na que recomento os lugares web que máis visito... entre os que están www.folque.com, www.zonadazanfona.blogspot.com ou www.novagalegadedanza.com

Nut Teatro, a páxina do Igaem, a do Centro Coreogoráfico Galego ou as miñas propias compuxeron esta recomendación.

Faltaron outras como a de Falcatruada, Xabier Díaz, Músicas de Salitre ou Sevigny, que son das miñas preferidas. Que non se me esquenza citalos. 

Graciñas, Santi Montes e equipo; é para min un grande pracer figurar nesa páxina.

Se ademais queredes ouvirme sintonizade a Radio Galega Música o domingo á noitiña... porque no programa "3 peixes voando" tiven o enorme gusto de ser entrevistado por Xabier Díaz e Ugía Pedreira. Un luxo, ao que puximos banda sonora de Scissor Sisters! Que non vai ser todo folque, que hai que cabaretear un pouco!

Apertas mil e graziñas aos que estades aí, seguindo as pisadas.

Bicos con repeniques!

 

Escrito por Cantareiro3 em 14:15:05 | Link permanente | Comments (0) |

Quinta-feira, Março 15, 2007

Estreo mundial de "Lerchas"

Como moitos de vós xa sabedes, ademais de cantareiro tamén fago as miñas cousas como cabareteiro.

Aqui me tedes... nalgunha instantánea da Compañía Femme Fatale... que o domingo 25 de marzo ás 21:00 fará o estreo mundial da obra "Lerchas", un libriño que escribo e dirixo no que os ciumes e os egos encontrados rematarán en coiteladas variadas salpicadas de rimmel e purpurina.

Un traballo moi duro que andamos a facer dende vai uns meses... e que aínda que afecionado estanos a dar moitas satisfaccións.

Silicia... Laurita Lámour... María dos Peliqueiros... Mariola... Madame Glo Gló... a Nena Peluda... digo Lanuda... Uxía (ningunha das que canta... senón a que se escarrancha)... Nuria Podenca e eu mesmo como Sir Johny Walker... montamos o reparto desta obra "perralleira, fulera e moi cabaretesca".

ESTREO MUNDIAL!!!

LERCHAS. Cia Femme Fatale

CICLO SON DE PÉ

Domingo 25 de marzo 21:00

SalaSon (Rúa do Lirio 30 Baixo, Cangas do Morrazo).

Entrada: 3 €

E aínda máis!!! Próximas actuacións o 11 de abril no Pub Dublin (A Coruña) e o 5 de maio no II Festival Galego de Cabaré "Cabaré3 Pontevedra".

Escrito por Cantareiro3 em 20:54:27 | Link permanente | Comments (0) |

Concerto en Compostela

Como vedes temos concerto o vindeiro MARTES 20 DE MARZO ÁS 22:30 NA R.U. MONTE DA CONDESA.

Unha ocasión para tocar e Compostela, na Sala da Columna da Resdencia Monte da Condesa, por certo, residencia na que eu mesmo fun residente durante 3 dos meus anos de carreira.

Un concerto encadrado dentro dun ciclo moi ínteresante, e organizado dende a bolsa de música, biblioteca e sociocultura da residencia, co apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade. 

A tod@s eses amig@s que sempre me preguntades cando actúo en Compostela... pois por fin... despois de bastante tempo alonxado da cidade santuario tócame facer algo por aí.

 Unha aperta e ata o martes, entón.

Escrito por Cantareiro3 em 20:18:38 | Link permanente | Comments (0) |

Quinta-feira, Fevereiro 08, 2007

8 de marzo en Cangas

 

Dentro da programación "Son de Pé" I Circuito Cultural Alternativo da SalaSon e o Andar Criativo" (www.terceirope.blog.com) terei o privilexio de actuar na SalaSon nin máis nin menos que o día da muller traballadora.

Unha actuación que adicarei ás mulleres de Cangas... sobre todo ás conserveiras, e que comezará ás 22:30.

Que emoción, cando coa fábrica orgánica cante iso de...

"Nesta fabrica Massó

me estou deixando a vida

de tanto empacar sardiña

traio as "mansiñas" perdidas"

Nin mais nin menos que na SalaSon, que foi noutrora unha salazón de peixe.

Seguro que se me poñen os pelos como escarpias, carallo!

Escrito por Cantareiro3 em 11:06:11 | Link permanente | Comments (1) |

Participación con BONOVO

Tiven o pracer inmenso de ser invitado polo trío bonovo a participar con eles cantando un romance de cego... "A Violación da Filomena" nas actuacións que o trío ten previsto dar en A Coruña, isto é; na Sala Dublin o martes 13 de febreiro e na Sala Garufa o sábado 17.

Un placer inmenso, digo, porque no trío axúntanse tres dos músicos galegos que máis admiro, e que máis tralla están dando, con grande orixinalidade e creatividade nas súas propostas, como Óscar Fernández, Pulpiño Viascón e Roberto Grandal.

Aínda que tampouco entraran na "Rede de Música ao vivo" están a demostrar que o arte e a cultura faise nos escenarios.

Se todo vai ben vai ser a cousa ben bonita.

Información sobre o trío: www.zonadazanfona.blogspot.com 

Escrito por Cantareiro3 em 10:56:15 | Link permanente | Comments (0) |

Quarta-feira, Janeiro 24, 2007

Entrevista-concerto!

Xa podedes escoitar a entrevista-concerto que se emitíu en directo pola Radio Galega o martes 23 de xaneiro ás 16:00... no Programa ABERTO POR REFORMAS que dirixe ese alquimista da palabra que é Xurxo Souto.

Eloxios e piropos á parte... e pese a algún electrotrasno que se colou polas liñas as pezas gravadas... pese a estar reducidas quedaron moi cuquiñas.

O enlace é o seginte

http://www.crtvg.es/rg/acarta.asp?Mdia=2&canal=radio

Radio á carta da Radio Galega... pinchando sobre o programa de Xurxo.

 Graciñas e apertas a capachos.

 

Escrito por Cantareiro3 em 13:52:06 | Link permanente | Comments (0) |

Terça-feira, Janeiro 16, 2007

Entrevista na Radio Galega

O vindeiro martes 23 de xaneiro, e dende as 16:00 teredes ocasión de escoitarme en directo a través das ondas da man de Xurxo Souto no Programa ABERTO POR REFORMAS.

Unha entrevista-concerto na que interpretarei diferentes temas polifónicos en riguroso dircto e na que faremos un percorrido pola miña biografía e etapas musicais.

Unha entrevista na que falaremos, ademais de proxectos nos que traballo, coma o 3º Pé... ou o Festival Galego de Cabaré. Tamén para comentar cousas como os bares nos que teño traballado poñendo copas e tapas... como o "Xa Chegou" de Compostela ou o Café Alfaiate da Coruña.

Dende A Coruña para o mundo... en  directo polas ondas...

Escrito por Cantareiro3 em 15:39:22 | Link permanente | Comments (0) |