O pasado domingo... 12 de novembro... dende as 20:00 no NOVO ALFAIATE (Rúa San Xoán nº 7... A Coruña)
FESTA3
III GRAN FESTA DO ANDAR CRIATIVO
Unha festa para conmemorar que xa imos para tres anos. Tres anos de proxectos, soños, ilusións e traballo de Asociación 3º Pé. Andar Criativo. 3 anos que podedes ver plasmados na exposición de cartaces que dende onte temos expostos no Novo Alfaiate. 3 anos que pasaron por obradoiros, festas, festivais...
E para a velada contamos con:
COSMONAUTA DILLEI (Patachim. A Coruña)
CHUSMI (Novo Circo. Vilariño. Hío)
NELSOM QUINTEIRO (Cantareiro. Morrazo)
FRAN AMIL (De 3 Trebóns e Banda Potemkim. Cantor)
E tamén como un pretexto para xuntarnos, para presentar os nosos obradoiros, a nosas actividades e pasar unha tarde de domingo do máis divertida.
Apertas e grazas.