O día 15 de xaneiro fechará definitivamente o Café Alfaiate da Coruña.
10 anos de dinamización da man dun café polo que teñen pasado concertos, tertulias, actos políticos, maribingos, xuntanzas e dende o que se ten mobilizado á parte activa da cidade.
10 anos que serán derrubados pola man especuladora, cobizosa dunha "milla douro" en pleno Campo da Leña... Praza de España para algúns.
O Alfaiate seguirá funcionando, na Rúa San Xoán 7, a poucos metros do anterior, nun local novo.
Quizais nunca será o mesmo... pero polo menos os trepulantes seremos os mesmos (Fran, Fer, Tabo, Manu e un servidor, que xa levo dous anos e medio...) e a vontade tamén... de que sexa un espazo libre, ceibe de prexuizos, libertario.
AVISO PARA NAVEGANTES: Antes derrube final vai a haber festa grande. A semana seguinte ao feche o local abrirá unha semana máis en horario de 22:00 a 00:00 para ofrecer un conxunto de actos dos que teñen pasado polo local. Festa maribollera... Esterco... Contacontos con Samarkanda...Ruiz Vallejo Producciones e ata un tal Nelsom Quinteiro daremoslle unha despedida ao local como se merece....
SEGUIMOS INFORMANDO...