Sábado, Março 31, 2007

Menuda semaniña!

Unha noite no muíño... unha noite non é nada... unha semaniña enteira si que é muiñada!

A ver... amig@s... andade espertos... esta semana parezo toda unha estrela mediática!

Comezamos polo Faro de Vigo, que enviou un grande eloxio á obra "Lerchas" no que se resume moi ben o espíritu e intención do espectáculo. Podedes ver o recorte en www.terceirope.blog.com

Se pasades por www.culturagalega.org podedes ver unha entrevista que me fixeron, e na que recomento os lugares web que máis visito... entre os que están www.folque.com, www.zonadazanfona.blogspot.com ou www.novagalegadedanza.com

Nut Teatro, a páxina do Igaem, a do Centro Coreogoráfico Galego ou as miñas propias compuxeron esta recomendación.

Faltaron outras como a de Falcatruada, Xabier Díaz, Músicas de Salitre ou Sevigny, que son das miñas preferidas. Que non se me esquenza citalos. 

Graciñas, Santi Montes e equipo; é para min un grande pracer figurar nesa páxina.

Se ademais queredes ouvirme sintonizade a Radio Galega Música o domingo á noitiña... porque no programa "3 peixes voando" tiven o enorme gusto de ser entrevistado por Xabier Díaz e Ugía Pedreira. Un luxo, ao que puximos banda sonora de Scissor Sisters! Que non vai ser todo folque, que hai que cabaretear un pouco!

Apertas mil e graziñas aos que estades aí, seguindo as pisadas.

Bicos con repeniques!

 

Escrito por Cantareiro3 em 14:15:05 | Link permanente | Comments (0) |

Quinta-feira, Março 15, 2007

Estreo mundial de "Lerchas"

Como moitos de vós xa sabedes, ademais de cantareiro tamén fago as miñas cousas como cabareteiro.

Aqui me tedes... nalgunha instantánea da Compañía Femme Fatale... que o domingo 25 de marzo ás 21:00 fará o estreo mundial da obra "Lerchas", un libriño que escribo e dirixo no que os ciumes e os egos encontrados rematarán en coiteladas variadas salpicadas de rimmel e purpurina.

Un traballo moi duro que andamos a facer dende vai uns meses... e que aínda que afecionado estanos a dar moitas satisfaccións.

Silicia... Laurita Lámour... María dos Peliqueiros... Mariola... Madame Glo Gló... a Nena Peluda... digo Lanuda... Uxía (ningunha das que canta... senón a que se escarrancha)... Nuria Podenca e eu mesmo como Sir Johny Walker... montamos o reparto desta obra "perralleira, fulera e moi cabaretesca".

ESTREO MUNDIAL!!!

LERCHAS. Cia Femme Fatale

CICLO SON DE PÉ

Domingo 25 de marzo 21:00

SalaSon (Rúa do Lirio 30 Baixo, Cangas do Morrazo).

Entrada: 3 €

E aínda máis!!! Próximas actuacións o 11 de abril no Pub Dublin (A Coruña) e o 5 de maio no II Festival Galego de Cabaré "Cabaré3 Pontevedra".

Escrito por Cantareiro3 em 20:54:27 | Link permanente | Comments (0) |

Concerto en Compostela

Como vedes temos concerto o vindeiro MARTES 20 DE MARZO ÁS 22:30 NA R.U. MONTE DA CONDESA.

Unha ocasión para tocar e Compostela, na Sala da Columna da Resdencia Monte da Condesa, por certo, residencia na que eu mesmo fun residente durante 3 dos meus anos de carreira.

Un concerto encadrado dentro dun ciclo moi ínteresante, e organizado dende a bolsa de música, biblioteca e sociocultura da residencia, co apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade. 

A tod@s eses amig@s que sempre me preguntades cando actúo en Compostela... pois por fin... despois de bastante tempo alonxado da cidade santuario tócame facer algo por aí.

 Unha aperta e ata o martes, entón.

Escrito por Cantareiro3 em 20:18:38 | Link permanente | Comments (0) |